Ao chegar á casa
Vincula un lembrete a un lugar e avisarate ao chegar, se xa toca. Detecta a wifi da casa ou do traballo, así que apenas gasta batería.
Lembretes sen calendario
Hai cousas que non teñen data, pero si ritmo: regar as plantas, cambiar o filtro da auga, revisar as rodas, chamar aos amigos. Dille a Recuérdame cada canto as fas e avisarate cando volva tocar.
Un calendario di
«O día 1 de cada mes.»
Aínda que o fixeses onte. Aínda que leves dúas semanas de atraso.
Recuérdame di
«30 días despois da última vez.»
Cando o marcas como feito, a conta volve comezar desde ese momento. Se o adías, a seguinte vez tamén se atrasa.
Cada 3 días, cada 2 semanas, cada 6 meses… en minutos, horas, días, semanas, meses ou anos.
Unha notificación con Feito e Adiar. Ou, se o prefires, cando chegues á casa ou ao traballo.
Marcas que o fixeches e o intervalo reiníciase desde ese momento. Sen datas que se acumulan nin avisos atrasados.
Vincula un lembrete a un lugar e avisarate ao chegar, se xa toca. Detecta a wifi da casa ou do traballo, así que apenas gasta batería.
Convida a túa parella ou a túa familia cunha ligazón. Calquera pode marcalo como feito e a conta reiníciase para todos.
Fogar, coche, saúde, plantas, mascotas… coa súa icona e a súa cor, na lista e nas notificacións.
Achega unha foto do filtro que hai que mercar ou o enderezo do taller. As fotos gárdanse comprimidas para que ocupen pouco.
Agora non podes? Adía 15 minutos ou 2 días. Se unha tarefa se che atraganta, a app anímate e ata che propón riscala co dedo para desafogarte.
Ten á vista na pantalla de inicio cantas tarefas tes vencidas e adiadas, e cales son.
Ao marcar algo como feito, confeti e unha mensaxe de ánimo. E a notificación non desaparece ata que o fas ou o adías.
Entra con Google ou só co teu correo (sen contrasinais: chégache un código), e os teus lembretes séguente se cambias de móbil. Tamén se poden consultar sen conexión.
Modo escuro · Galego, español, català, euskara, English, français e Deutsch
A app está en fase de probas e instálase directamente desde un ficheiro .apk.
.apk.Non fai falta ter conta de Google: podes crear unha con calquera correo. Máis adiante, tamén en Google Play.
O que trae cada versión (en inglés). A app avísate cando hai unha nova.
Recuérdame é de balde, sen anuncios e sen vender os teus datos. Fágoa nos meus ratos libres: se che axuda a non esquecer as cousas, podes convidarme a un café en Ko-fi. Axúdame a pagar os servidores e a seguir mellorándoa.
Convídame a un Ko-fi